Novo Curso 2020 - 2021!!!

Xa estamos en Setembro! e aínda que comecemos un curso atípico, imos intentar que as nosas ximnastas poidan practicar o seu deporte favorito de xeito seguro!



Cumprimos estrictamente co protocolo (elaborado tendo en conta as recomendacións sanitarias da Xunta de Galicia, Federación Galega de Ximnasia e o Concello de Ferrol):

- Grupos reducidos👧👧👧👧

- Protocolo de desinfección de mans e calzado na entrada e saída ✋👟

- Distancia de seguridade 👧🔛👧

- Material deportivo de uso individual 🩰

- Traslado desde a rúa ao tapiz sempre con máscara 😷

- Desinfección entre as distintas quendas de ximnasia cunha marxe de 30 minutos🧽🧼

- Adestradoras sempre con máscara 😷

- Reserva a túa plaza!!!

Grupo de escola iniciación, desde 3 anos.

Grupos de competición, nivel escolar, promoción, base e federado.

Ballet, jazz...

Espazo libre de COVID