Campeonato Nacional Individual Base - Zaragoza 2022

Rematado o Campeonato Nacional Individual Base que tivo lugar desde o pasado mércores no pavillón Século XXI de Zaragoza voltamos moi fachendosas da actitude no tapiz de todas as nosas ximnastas.

Máis aló da puntuación acadada, felicitámolas por saber resolver os contratempos cos se foron atopando, por facernos desfrutar das súas coreografías e por demostrar o valor do compañeirismo!




Grazas á colaboración de @conxeitoferrol @cafevanessaferrol @hamburgueseriajoses @errorferrol @amador.gourmet @zaharaferrol @lapremierecafe e a unha empresa local que prefire quedar no anonimato, pola súa colaboración e por apoiar ao deporte ferrolá! Unha vez máis, moitas grazas pola vosa axuda! 🤗

- Martina López, 🏅17 posto da clasificación na categoría infantil 2009, dun total de 178, primeira das ximnastas galegas.

- Aitana Fraga, 🏅47 posto da clasificación na categoría infantil 2009, dun total de 178, terceira de entre as ximnastas galegas.

- Teresa Montaos 🏅posto 66 da clasificación na categoría xuvenil 2005/2006 dun total de 190, cuarta das ximnastas galegas.

- Marina Martínez, 🏅67 posto da clasificación na categoría infantil 2009, dun total de 178, quinta das galegas.

- Paloma Miranda, 🏅posto 113 da clasificación na categoría infantil 2010, dun total de 159, terceira das ximnastas galegas.

- Paula Millarengo, 🏅115 posto da clasificación na categoría infantil 2010 dun total de 178 ximnastas, oitava das galegas.

- Andrea Luque, 🏅posto 134 da clasificación na categoría xuvenil 2005/2006 dun total de 190, 13 das ximnastas galegas.

- Faia Varela, 🏅posto 147 da clasificación na categoría cadete 2008, dun total de 159, sexta de entre as ximnastas galegas.

- Ainhoa Piñón 🏅159 posto da clasificación na categoría infantil base, dun total de 178, once das ximnastas galegas.



Grazas a todas as familias e amizades por acompañarnos e animar ás nosas ximnastas!
Parabéns
a todos os clubs participantes, en especial aos galegos! Sabemos o enorme esforzo que supoñen este tipo de eventos deportivos!
Equipazo Esquío!