E para pechar esta magnífica temporada que mellor xeito que reunir a todas as ximnastas do Club no Festival de fin de curso do Club Esquío, onde teremos oportunidade de desfrutar das montaxes de ximnasia rítmica, tanto na modalidade de aparatos como en mans libres, como das coreografías de ballet e jazz.
Queremos agradecer o gran traballo do noso equipo técnico formado por @irinaboud @candecabaleiro @inesluque_ e @albapita_ así como da nosa profesora de ballet e jazz @iriaces .
Unha gran oportunidade para que todas as ximnastas, desde as máis pequenas ata as máis veteranas, poidan gozar dunha xornada de convivio coas súas familias, despois destes anos de restricións.
Moitas grazas a todas por seguir formando parte desta gran familia!