XXVII Gala do Deporte Ferrolán

O xoves 21 de abril ás 19:30 horas tivo lugar a XXVII edición da Gala do Deporte Ferrolán no Auditorio municipal de Ferrol.

Unha edición que estaba prevista para abril de 2020, pero que ficou aprazada por mor da pandemia da covid-19, polo que se entregaron os premios aos e ás mellores deportistas ferrolás dos anos 2019 (temporada 18-19), 2020 (temporada 19-20) e 2021 (temporada 20-21).



Na modalidade deportiva de #XimnasiaRítmica o noso club fixo triplete subindo a recoller o premio:
- 2019 Beatriz Fernández Pita.
- 2020 Ainhoa Vigo Vázquez.
- 2021 Paloma Miranda Carrasco.

Aínda que non puideron estar acompañadas de moitas das súas compañeiras e adestradora Irina Budarina, desprazadas a Zaragoza, ou ultimando os adestramentos antes de desprazarse ao campionato, recibiron o agarimo e arroupe dunha representación da directiva do club, das familias e das ex/ximnastas veteranas que as acompañaron neste evento tan emotivo.




O voso Esquío está moi fachendoso de todas e cada unha de vos🥰!

Parabéns
a todas!🤗



Grazas ao Concello de Ferrol por apoiar este deporte e recoñecer todo o traballo que hai detrás dos méritos deportivos!